Os huaorani, tamén chamados waorani, waodani ou aucas (termo quechua para «salvaxe») son un pobo indíxena da Amazonia de Ecuador. O seu territorio abrangue o espazo entre os ríos Curaray e Napo, nunha área duns 30.000 km² nas provincias de Orellana e de Pastaza. A poboación está dividida en diversas comunidades e conxuntamente representan uns 2.500 individuos.
Os huaorani falan a lingua huaorani, unha lingua illada. Tradicionalmente, os huaorani mantivéronse á marxe dos contactos con outros pobos e dos colonizadores (chamados cowode en huaorani, literalmente «caníbales non humanos»). Porén, nos últimos corenta anos, e especialmente por mor da penetración na selva de equipos de extracción petroleira, convertéronse en comunidades sedentarias estabelecidas en poboados na selva. Malia isto, cinco comunidades (os tagaeri, huiñatare, oñamenane e dous grupos de taromenane) rexeitaron calquera contacto con non-huaorani e desprazáonse a zonas máis illadas, cara á fronteira peruana.
miniatura|Localización do Yasuní e territorio huaorani en Ecuador.
Véxase tamén
Outros artigos End of the Spear Bibliografía
. . . . Lawrence Ziegler-Otero: Resistance in an Amazonian Community; Huaorani Organizing against the Global Economy. Berghahn Books, Nova York, NY 2004,
Categoría:Pobos indíxenas de Ecuador Categoría:Grupos étnicos de Ecuador
