A CG-4.1 ou Corredor do Morrazo (na provincia de Pontevedra), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Cangas de Morrazo e Alto da Portela (Bueu); atravesa os concellos de Moaña e Cangas de Morrazo. Ten unha lonxitude de 4 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-46 en Cangas e finaliza nun cruzamento coa VG-4.6 en Alto da Portela (Bueu).
Percorrido
Inicia na final da autovía do Morrazo, AG-46 coa ligazón da vía para automóbiles, VG-4.5 (coñecido como Acceso a Cangas) no lugar da Ameixoada (concello de Moaña), pasado polo viaduto do río Bouzós duns 234 metros de lonxitude e o túnel de Coiro duns 110 metros de lonxitude. Remata na ligazón da estrada PO-551 con direccións, un ao norte ao polígono industrial da Portela e o lugar da Portela (ambos no concello de Bueu) e outro ao sur a Cangas de Morrazo, no lugar de Alto da Portela (concello de Bueu), coa conexión directa á vía para automóbiles, VG-4.6 ao lugar de Menduíña (concello de Cangas).
Historia
esquerda|miniatura|Lume nas proximidades do CG-4.1
As primeiras obras iniciaron en maio de 2003 e foi inaugurado en decembro de 2005, entre a rotonda de Domaio (estrada nacional N-554) e Menduíña (Cangas de Morrazo).
As obras do desdobramento do corredor (no treito entre Domaio e Cangas de Morrazo) iniciaron en outubro de 2015 o primeiro treito entre a rotonda de Domaio e a ligazón de Domaio, duns 3,3 quilómetros de lonxitude. O segundo treito, duns 4,1 quilómetros de lonxitude, entre a ligazón de Domaio e Meira iniciaron as obras en xuño de 2016. E o terceiro treito, duns 3,8 quilómetros de lonxitude, entre Meira e Moaña iniciaron as obras en setembro de 2017.
Asemade, o feito de que se proxectara este corredor no lugar onde se encontra o castro de Montealegre, obrigou a unha corrección no proxecto de desdobramento, dado que a a largura da nova plataforma afectaría de xeito irreversíbel ao xacemento arqueolóxico. Estes traballos para salvar o castro provocarán un novo peche, estimado en sete meses, desta vía de alta capacidade unha vez remate a temporada estival.
O primeiro treito entre a rotonda de Domaio e Meira foi inaugurado en maio de 2018, duns 7,3 quilómetros de lonxitude, e o segundo treito entre Meira e Moaña foi inaugurado en xuño de 2019, duns 3,9 quilómetros de lonxitude.
Treitos
Treito orixinal
Denominación Treito Kms Ano servizo Domaio - Alto da Portela 15 2005
Conversión en
Denominación Treito Kms Ano servizo Domaio - Meira 7,3 2018 Meira - Moaña 3,9 2019
Notas
Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra Categoría:Moaña Categoría:Cangas de Morrazo
